Acordes de Guitarra » L »Luis emilio batallan » I a nosa señora detrás do tonel (Tab)

I a nosa señora detrás do tonel
Luis emilio batallan

Letras, Acordes y Tabs para Guitarra, Bajo y Ukulele


Letra de I a nosa señora detrás do tonel
"Si a vernos, Marica,
nantronte viñeras
á festa do Seixo
na beira do mar,
ti riras, Marica,
cal nunca te riches
debaixo dos pinos
do verde pinar.
debaixo dos pinos
do verde pinar.
As cóchegas brandas,
as loitas alegres,
os berros, os brincos,
os contos sin fel,
todiños peneques,
alegres todiños....
I a nosa señora
detrás do tonel.
I a nosa señora
detrás do tonel.
Mais ela decote
tan grave e soberba,
tan fina de oído,
tan curta de mans,
xordiña quedara,
falando por sete,
con probes e ricos,
con porcos e cans.
con probes e ricos,
con porcos e cans.
I a dona sorría
con ollo entraberto,
comendo castañas
e viño con mel...
¡Que festa, Marica!...
Todiños peneques...
I a nosa señora
detrás do tonel.
I a nosa señora
detrás do tonel.
FIN

Video de I a nosa señora detrás do tonel
[]




[I a nosa señora detrás do tonel chords][I a nosa señora detrás do tonel cifra]
© LaCuerda.net · aviso legal · privacidad · es · en · pt · contacto